I CURSO DE PERFECCIONAMIENTO PISTOLA ESTÁNDAR

05/06/2019

I TIRADA DE ARMA CORTA HISTÓRICO MILITAR E ARMA CORTA

06/03/2019

O próximo 7 de abril celebrarase no noso club a I Tirada de arma corta Histórico militar e arma corta. 

Adxuntamos ligazón ao programa da tirada, que esperamos sexa do voso agrado:

Programa Tirada

Calendario de competicións 2019

18/01/2019

Na sección Calendario da web podedes atopar as diferentes competición programadas para o ano 2019.

Faleceu Rivas

26/09/2018

Onte faleceu José Antonio Rivas Fuentes, persoa entrañable, gran colaborador deste Club e inestimable amigo. 

O seu velorio será na Funeraria Génesis (A Grela), desde hoxe ás 17:00 horas ata mañá á mesma hora. Posteriormente será enterrado no Cemiterio de San Amaro.

D. E. P.

Xa está en funcionamento o foso de prato

06/07/2018

Xa hai unhas semanas que está funcionando o foso de tiro ó prato,  que poden usar tanto os socios do Club como aquelas persoas que non sendo socias queiran tirar nalgunha ocasión.

Para poder practicar tiro ó prato é necesario ter, ademáis da licenza de armas correspondente, ou ben licenza federativa, ou ben un seguro que che cubra a práctica desa modalidade de tiro.

Saímos na prensa

02/05/2018

O Club sae hoxe na edición da Voz de Galicia.

O xornal publicou unha ampla reportaxe na que se fala da apertura das instalacións do Club, e da competición que se celebraba onte, o Campionato Galego de Pistola Velocidade.

Podedes ver a noticia na seguinte ligazón:  O Club Laracha na Voz de Galicia

Apertura de Instalacións

20/04/2018

Xa están abertas as nosas novas instalacións, na Laracha. Todos os que o desexedes podedes pasar a velas.

Roupa deportiva co escudo do Club

23/03/2018

Os socios que querades comprar roupa deportiva co escudo do Club podedes facelo en Deportes San Remo.


Podedes ver o catálogo das prendas que hai a venta, cos seus respectivos precios, na seguinte ligazón: Catálogo

Curso de iniciación o IPSC Indor con Airsoft

13/03/2018

Vamos facer un curso de iniciación o IPSC Indor con Airsoft, para maiores de 14 años. Non é necesario ter licencia de armas, só fai falla ter licencia federativa e ser socio do Club.

Podéis ver exemplos da práctica desta modalidade nas seguintes ligazóns:

https://www.youtube.com/watch?v=GYf7BTk6ZrI
https://www.youtube.com/watch?v=HGaeN12sSsM

Os reglamentos de IPSC podedes atopalos aquí:  Reglamentos IPSC

Entrenamentos Controlados

06/02/2018

Este ano temos unha nova modalidade de tirada social, os entrenamentos controlados, que son adestramentos dirixidos por un árbitro nos que poden participar tanto homes como mulleres, e nos que poden empregarse os calibres 9, 22, 32 e 38; son válidos para a renovación da licenza F, tendo en conta que, no caso de ser de segunda categoría, será necesario polo menos unha tirada autonómico social (p. estándar, fogo central, p. donas, ...) durante a validez da licenza de armas, obtendo os puntos necesarios para manter a categoría no caso das clases inferiores a veteranos.