Para facerte socio do Club tes que seguir os seguintes pasos:

  • Presentar na secretaría do Club unha foto tamaño carné e fotocopia do DNI.
  • Cubrir o impreso de solicitude.
  • Facilitar un número de conta bancaria onde se domiciliarán os recibos da cota mensual.
    A cota mensual é de:
    • 20,40 € para o socio principal (esta cota pasará a ser de 35 € cando o club chegue ós 500 socios).
    • Gratuita para os familiares do socio principal menores de 21 anos.
    • 7,07 € para os familiares do socio principal que teñan 21 ou máis anos.

A ter en conta

Se só vas tirar ao prato e tes un seguro que che cubra a práctica desa modalidade, non necesitarás licenza federativa; en calquera outro caso necesitarás ter licenza federativa para poder utilizar as instalacións.

Se non dispuxeses xa de licenza federativa tramitaríacha o Club na Federación Galega de Tiro Olímpico, sendo o seu importe o seguinte:

  • 65 € se cumpres 21 ou máis anos no ano en curso
  • Gratuíta se cumpres menos de 21 anos no ano en curso